As locucións somáticas e a expresión das emocións (ámbito francés‑romanés) / The somatic locutions and the expression of emotions (French‑Romanian field)
As expresións idiomáticas son unidades polilexicais que levan consigo as marcas da historia, dos costumes e das mentalidades dun pobo e a análise da súa carga cultural podería achegar información enciclopédica sobre a visión conceptual dunha lingua. Neste artigo, propoñemos analizar as locución...
Saved in:
| Main Author: | |
|---|---|
| Format: | Article |
| Language: | English |
| Published: |
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia)
2023-12-01
|
| Series: | Cadernos de Fraseoloxía Galega |
| Online Access: | https://www.cirp.gal/pub/docs/cfg/cfg24_02.pdf |
| Tags: |
Add Tag
No Tags, Be the first to tag this record!
|
| Summary: | As expresións idiomáticas son unidades polilexicais que levan consigo as marcas da historia, dos costumes e das mentalidades dun pobo e a análise da súa carga cultural podería achegar información enciclopédica sobre a visión conceptual dunha lingua. Neste artigo, propoñemos analizar as locucións somáticas que expresan emocións construídas arredor da palabra corazón co fin de comprender como conceptualizan a relación entre os nomes das partes do corpo e as emocións. A través da análise da estruturación lingüística e da carga cultural das locucións somáticas cos instrumentos da semántica lexical, o noso artigo evidencia as similitudes e as diferenzas de conceptualización das emocións nas dúas linguas emparentadas xenealoxicamente, o francés e o romanés. Na nosa análise semántica, utilizamos como criterios de clasificación as dúas formas de manifestación das emocións: (1) o corazón como núcleo de manifestación de atributos intelectuais ou afectivos (xenerosidade, indiferenza, coraxe, covardía, sinceridade); (2) o corazón como centro de reacción aos fenómenos externos (alegrías e praceres vs. dores e sufrimentos). |
|---|---|
| ISSN: | 2605-4507 |