De zoónimos e zoomorfismos no discurso carcerario da novela Hombres sin mujer de Carlos Montenegro / Zoonyms and zoomorphisms in the prision discourse of the novel Hombres sin mujer by Carlos Montenegro

No traballo, despois de fundamentar unha concepción teórica concorde ó obxectivo previsto, coméntanse brevemente as funcións que desempeñan algúns zoomorfismos, como tipoloxía especial de unidades fraseolóxicas, na novela Hombres sin mujer, publicada en 1938 polo escritor cubano de orixe galego...

Full description

Saved in:
Bibliographic Details
Main Authors: Geisy Labrada Hernández, Irina Bidot Martínez, Celia María Pérez Marqués
Format: Article
Language:English
Published: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia) 2022-12-01
Series:Cadernos de Fraseoloxía Galega
Online Access:https://www.cirp.gal/pub/docs/cfg/cfg23_04.pdf
Tags: Add Tag
No Tags, Be the first to tag this record!
Description
Summary:No traballo, despois de fundamentar unha concepción teórica concorde ó obxectivo previsto, coméntanse brevemente as funcións que desempeñan algúns zoomorfismos, como tipoloxía especial de unidades fraseolóxicas, na novela Hombres sin mujer, publicada en 1938 polo escritor cubano de orixe galego Carlos Montenegro. Explícanse ademais, as principais achegas destas expresións e outras metáforas zoomorfas á obra literaria mencionada e a súa efectividade na reprodución do argot ou linguaxe carceraria empregada nela. Para isto extraéronse, con apoio na técnica fraseolóxica e de forma manual, 161 expresións zoomorfas da novela. Na análise das funcións dos zoomorfismos tivéronse en conta as recoñecidas por Zuluaga (1997) para as unidades fraseolóxicas en xeral. Dita novela, pouco tratada pola historiografía literaria cubana, distínguese por unha presenza considerable de zoomorfismos, os cales constitúen, á vez, unha ferramenta efectiva no seu achegamento. Estes contribúen, sobre todo, a reproducir fielmente o discurso carcerario, a estruturar a narración e, ó par, actúan como instrumentos de denuncia do declive do réxime penal da época.
ISSN:2605-4507