A desautomatización fraseolóxica en titulares xornalísticos cubanos do ano 2019 / The phraseological manipulation in Cuban headlines during 2019
O obxectivo deste artigo é identificar as funcións que desempeñan as unidades fraseolóxicas desautomatizadas nos titulares xornalísticos cubanos. Para iso elaborouse un corpus con 2689 titulares seleccionados de 144 exemplares, en versión impresa, dos tres xornais nacionais: Granma, Juventud Re...
Saved in:
| Main Authors: | , , |
|---|---|
| Format: | Article |
| Language: | English |
| Published: |
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia)
2022-05-01
|
| Series: | Cadernos de Fraseoloxía Galega |
| Online Access: | https://www.cirp.gal/pub/docs/cfg/cfg22_05.pdf |
| Tags: |
Add Tag
No Tags, Be the first to tag this record!
|
| Summary: | O obxectivo deste artigo é identificar as funcións que desempeñan as unidades fraseolóxicas desautomatizadas nos titulares xornalísticos cubanos. Para iso elaborouse un corpus con 2689 titulares seleccionados de 144 exemplares, en versión impresa, dos tres xornais nacionais: Granma, Juventud Rebelde e Trabajadores correspondentes ao ano 2019. Na súa análise séguese unha perspectiva fraseolóxico-pragmática, na que se ten en conta a forma e o significado fraseolóxico das expresións en relación co contexto comunicativo onde se utilizan. Ademais de provocar interese e atraer a atención dos lectores, esta forma de título serve como vehículo para a ideoloxía subxacente; minimiza o papel do xornalista no que se valora ou comenta; representa unha forma de argumentación e contribúe á construción da opinión do autor. Como obxecto de estudo, a cualificación xornalística revela a orientación do medio, a posición asumida respecto ás noticias e a intención que guía o tratamento do tema. O presente traballo, ao solaparse coa fraseoloxía, tamén nos permite discernir como as nocións, actores e puntos de vista se conceptúan a través de expresións desautomatizadas, a través das cales tamén se indexa estratexicamente a ideoloxía do discurso. Por iso, destaca o valor da prensa como fonte prolífica para os estudos lingüísticos e como forma de entender a realidade sociocultural do territorio ao que pertence. |
|---|---|
| ISSN: | 2605-4507 |