Metalinguaxe da fraseoloxía chinesa

Analizar a metalinguaxe das unidades fraseolóxicas chinesas é unha tarefa desafiante debido á diversidade de tipos que abrangue, para os cales as máis das definicións resultan insatisfactorias. Alén diso, a taxonomía destas unidades segue sendo motivo de controversia. O presente traballo propon...

Full description

Saved in:
Bibliographic Details
Main Author: Chunyi Lei
Format: Article
Language:English
Published: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia) 2024-12-01
Series:Cadernos de Fraseoloxía Galega
Online Access:https://www.cirp.gal/pub/docs/cfg/cfg25_02.pdf
Tags: Add Tag
No Tags, Be the first to tag this record!
Description
Summary:Analizar a metalinguaxe das unidades fraseolóxicas chinesas é unha tarefa desafiante debido á diversidade de tipos que abrangue, para os cales as máis das definicións resultan insatisfactorias. Alén diso, a taxonomía destas unidades segue sendo motivo de controversia. O presente traballo proponse encarar o estudo da metalinguaxe do sistema fraseolóxico da lingua chinesa seguindo a taxonomía proposta por Sun Weizhang en 1989, quen ostenta un recoñecido prestixio e autoridade na materia. Após trazar brevemente a historia e o desenvolvemento dos estudos fraseolóxicos chineses, centrarémonos na análise da metalinguaxe. Especificamente, investigamos a orixe maila definición do termo hiperónimo shuyu (熟语 [unidade fraseolóxica]), así como discutimos os seus hipónimos, que comprenden as chengyu (成语 [frases feitas]), as guanyongyu (惯用语 [expresións de uso común]), os xiehouyu (歇后语 [ditos alegóricos de dúas partes]), os yanyu (谚语 [proverbios]) e as geyan (格 言 [máximas ou aforismos]). En todas estas subcategorías, ofrecemos definicións precisas, características distintivas e exemplos representativos. Ademais, desde unha perspectiva crítica, identificamos unha serie de problemas terminolóxicos na metalinguaxe da fraseoloxía chinesa e ilustramos cada caso con exemplos específicos.
ISSN:2605-4507