Proposta descritiva dos principais pragmatemas empregados en kíkôngò (H16)
Este artigo ten por obxectivo describir o funcionamento e a estrutura dos principais pragmatemas empregados en kíkôngò, lingua bantú falada en Angola, Congo-Kinshasa, Congo- Brazzaville e Gabón. Para isto, recompiláronse máis de noventa pragmatemas empregados en expresións de saúdo e agradeceme...
Saved in:
| Main Author: | |
|---|---|
| Format: | Article |
| Language: | English |
| Published: |
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia)
2024-12-01
|
| Series: | Cadernos de Fraseoloxía Galega |
| Online Access: | https://www.cirp.gal/pub/docs/cfg/cfg25_04.pdf |
| Tags: |
Add Tag
No Tags, Be the first to tag this record!
|
| Summary: | Este artigo ten por obxectivo describir o funcionamento e a estrutura dos principais pragmatemas empregados en kíkôngò, lingua bantú falada en Angola, Congo-Kinshasa, Congo- Brazzaville e Gabón. Para isto, recompiláronse máis de noventa pragmatemas empregados en expresións de saúdo e agradecemento, para expresar desexos, escusas, ordes ou súplicas, en interxeccións, prohibicións ou insultos, para despedirse, como toma de contacto, para pedir permiso e para lanzar cumprimentos. No que respecta ao seu funcionamento, chegouse á conclusión de que a metade dos pragmatemas preséntanse en formas verbais; outro 30 %, en locucións (verbais, nominais, adxectivas, adverbiais, pronominais, preposicionais e interxectivas) e o 20 % restante, en deverbais, interxeccións e outros termos primitivos. En termos de estrutura, existen pragmatemas tanto monolexicais como polilexicais, mentres que outros constitúen unidades frásticas. Os monolexicais, como yoyo (‘adeus’) ou nkenda (‘piedade’), representan o 25 % do total dos pragmatemas. A mesma porcentaxe abrangue os polilexicais, como kana ngi, kana nga (‘como actuar en caso de emerxencia?’) ou mankaka nkanu (‘tabú’). O 50 % restante corresponde aos pragmatemas frásticos, como ka mantadidi ko! (‘dáme igual’) ou kala ye ngangu (‘estate atento ou atenta’). Estes resultados amosan que, en xeral, os pragmatemas en kíkôngò son unidades frásticas empregadas en situacións moi concretas e que resultan familiares a todos os individuos interlocutores.
|
|---|---|
| ISSN: | 2605-4507 |